Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

BNG e PSdG-PSOE asinan un acordo para dotar As Neves dun "Goberno estable"

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) das Neves chegaron a un acordo que permitirá dotar ao Concello dun Goberno local estable, integrado por seis concelleiras e concelleiros.
 
Segundo o pacto asinado este pasado luns, As Neves contará con seis  departamentos e dúas tenencias de alcaldía artelladas do seguinte xeito:
 
Dinamización económica, comercial, laboral e turística, que estará  dirixida polo propio alcalde, e que abrangue as áreas de Emprego, Formación, Contratación, Réxime Interior, Economía, Comercio, Turismo, Transportes, Patrimonio, Vivenda, Urbanismo e Participación e Mercado.
 
Marcelino Couto Martínez será o Tenente de Alcalde e responsables de Obras, auga e Facenda, que inclúe:  Vías, Obras, Augas, Saneamento, Alumeado e Facenda
 
Óscar González Álvarez será o 2º Tenente de Alcalde e concelleiro de  Servizos Públicos, Medio, Innovación Tecnolóxica e Deporte. Este departamento será o encargado do Persoal, Parque Móbil, Tráfico, Medio Urbano e Rural, Parques e Xardíns, Tecnoloxía para a Administración e a Cidadanía e Deportes.
 
Pilar González Casas será a concelleira de Ensino e Benestar Social, a cargo de Ensino, Lingua, Servizos Sociais, Voluntariado e Sanidade.
 
Rocío Barreiro Rodríguez asumirá o departamento de Cultura, Mocidade e Comunicación
O mesmo abrangue Cultura, Mocidade, Ocio e Comunicación institucional.
 
Natividad Durán Pedrosa será a concelleira de Muller e Seguridade
 
Órganos de goberno:
Pleno
As sesións plenarias celebraranse cada 2 meses no Salón de Plenos do Concello, sendo o 1º martes de cada mes impar ás 20:00h. horas a data ordinaria de celebración.
 
Xunta de Goberno Local
Estará composta polo alcalde e 3 concelleiros/as, resultando un total de 4 representantes, que serán: Xosé Manuel Rodríguez Méndez;  Marcelino Couto Martínez, Óscar González Álvarez e Natividad Durán Pedrosa.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.