Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

A Avenida de Portugal será remodelada cun investimento de 750 mil € antes do 2021

O alcalde de Tui amosa a súa satisfacción polo compromiso do goberno central para dar resposta a esta vella demanda da cidade

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou esta semana a súa satisfacción polo compromiso do goberno central para levar a cabo a remodelación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento co Parador de Turismo. Así llo confirmou a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, na reunión que mantiveron este mediodía na casa do concello.  O alcalde lembrou que esta era unha vella demanda da cidade que fóra xa obxecto dunha moción plenaria en 2011 e que cando chegaron ao goberno en 2015 foi a primeira memoria valorada que realizaron.


Destacou Enrique Cabaleiro que se trata unha vía estratéxica por ser porta de entrada dende Portugal, e por ser amais o inicio do Camiño Portugués en Galicia, por onde destacaba pasan milleiros de peregrinos cada ano. Deste xeito con estas obras solucionarse a situación de precariedade na que se atopa este vial.


Agradeceu o mandatario tudense a celeridade coa que a subdelegada do Goberno en Pontevedra, atendeu a petición realizada polo rexedor para reunirse para abordar distintos temas na cidade, e achegar xa este compromiso para a humanización da Avenida de Portugal, na que o Ministerio de Fomento investirá aproximadamente 750 mil euros.


Segundo o exposto por Maica Larriba, subdelegada do goberno en Pontevedra, a obra estará rematada antes do Xacobeo 2021, xa que prevén licitar o proxecto definitivo a comezos do próximo ano e posteriormente a obra. Explicou que o proxecto de remodelación ten por obxectivo mellorar a seguridade vial nun tramo de medio quilómetro. Para iso reordenarase a sección actual da N-551 entre a intersección coa N-550 e o edificio da antiga Alfándega mellorando as seccións para os itinerarios peonís, a mellora do entorno e a reordenación do tráfico no entorno do edificio da policía fronteiriza. Prevese a ampliación de beirarrúas e a construción dunha rotonda entre a Avenida de Portugal, o cruzamento do Parador e a estrada N-550.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.