SALCEDA DE CASELAS
12 vehículos calcinados no incendio declarado onte en Salceda de Caselas
O incendio declarado onte nunha nave dedicada á restauración de vehículos clásicos, situada no Pomar de Suso, calcinou mais dunha trintena de vehículos. Así mesmo, o lume afectou á estrutura e ao tellado do inmoble. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
Debido á magnitude do incendio e á alta temperatura acadada foi preciso aumentar a intervención dos efectivos de extinción, por iso, desde a posta en marcha do operativo, ás 17:30 horas, traballaron arreo os bombeiros de Baixo Miño e do Morrazo. Tamén, os bombeiros de Ponteareas, efectivos de Protección Civil e os axentes da Garda Civil e Policía Local formaron parte do dispositivo posto en marcha polo 112 Galicia, ademais dunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que permaneceu no lugar ata finalizadas as tarefas de extinción, por se fose necesario ofrecer asistencia nalgún momento.
Unha vez extinguidas as lapas e arrefriada a zona, sobre as 22:00 horas, os bombeiros deron por rematado o operativo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186