Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán celebra o primeiro pleno do mandato para acordar a organización política

González dá responsabilidades aos seus 13 concelleiros e mantén un organigrama moi similar engadindo novas áreas, como Terceira Idade, actividades marítimas, medio rural ou voluntariado

O Concello de Nigrán celebrou onte ás 13:00 horas o seu primeiro pleno do mandato, de carácter extraordinario para poder determinar a nova organización política e funcionamento, conformando a corporación un total de 17 concelleiros (13 do PSOE e 4  do PP).

 

A proposta aprobada polo goberno inclúe que o alcalde asumirá a área de Contratación e a nova concellería de 'Axenda 2030- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', unha das premisas máis importantes na que traballa o Fondo Galego de Cooperación e  Solidariedade que González preside. "Dende o goberno local sí podemos contribuír a acadar no noso territorio estes obxectivos de desenvolvemento sostible aprobados pola asamblea xeral da ONU, e por iso considero esta nova concellería fundamental no 'Nigrán para todos' que estamos a construír", indicou. Pola súa banda, Raquel Giráldez, nova deputada provincial, levará igualmente Economía, Facenda e Emprego. Asemesmo, Rubén Rial e Diego García, manterán as súas dedicacións exclusivas coas mesmas áreas (Urbanismo, Medio Ambiente e Mobilidade, Réxime Interior e Persoal Diego García e Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade, Rubén Rial). A maiores, Rial, anterior segundo teniente de alcalde e Secretario Xeral do PSOE de Nigrán, asumirá agora a tenencia de Alcaldía, sendo para Marina Vidal (nova concelleira de Educación) a segunda tenencia.

 

O total dos 13 concelleiros terán áreas de responsabilidade e levarán areas novas como Terceira Idade, Medio Rural e Actividades Marítimas, Voluntariado, Educación e Deportes divídense en sendas concellerías... Os catro ediles con dedicacións parciais serán Bibiana Peixoto (Servizos Sociais); Cristina Dosil (Xuventude, Turismo e Participación Cidadá); Patricia Diego (Igualdade, Voluntariado e Comercio); e María Mayán (Terceira Idade). A maiores e sen adicación, Nuria Lorenzo levará Cultura; José Luis Sanromán repite en Deportes; Alfonso Vázquez continúa tamén en Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares; Marina Vidal en Educación; e Ladislao Alonso asume Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas.

 

 

 

 

Toda a corporación votou a favor da constitución dos grupos políticos, periodicidade e novo horario dos plenos, composición das comisións...

 

 

 

 

Co voto favorable de toda a corporación determinouse pola súa banda que a Xunta de Goberno Local esté composta por Rubén Rial, Nuria Lorenzo, José Luís Sanromán, Alfonso Vázquez e Marina Vidal. Aprobouse 150 € por  xuntas de goberno e comisións informativas (igualase a cantidade para favorecer a toda a corporación e non prexudicar á oposición, anteriormente as comisión informativas eran 125 €) e 250 € por asistencia a plenos . As persoas con adicacións non perciben retribución por estas cuestións.

 

Como novidade, e tamén co voto favorable de toda a corporación, os plenos ordinarios pasarán a celebrarse os últimos luns de mes ás 12:00 horas. "Despois de 8 anos con plenos ás 20:00 horas temos comprobado que ese horario non propiciaba a asistencia de máis xente e, pola contra, dificultaba o traballo dos medios que querían asistir para cubrilo e informar á cidadanía. En casos puntuais (temas como PXOM, Modificación das Normas...) proporase á corporación a súa realización no Auditorio Municipal e no horario que todos consideremos máis favorable", suliñou González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.