Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 06 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Rematan as Xornadas Multiaventura do Concello de Mos

36 rapaces de entre 10 e 17 anos de idade participaron en cursos de surf na Praia de Patos

O concelleiro de Mocidade, Leo Costas, e a edil de Participación Cidadá e Deportes, Begoña Toucedo, visitaron aos 36 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos que participaron nas Xornadas Multiaventura do Concello de Mos.


As Xornadas, que se veñen desenvolvendo ao longo de toda esta semana e remataron onte, tiñan un horario matinal de 09.00 horas a 14.30 horas. Agás onte xoves 4 de xullo, data na que os mozos e mozas participantes realizaron actividades ao longo de todo o día.


Esta iniciativa consistiu nun obradoiro de surf que se desenvolveu na Praia de Patos, impartido polo clube deportivo Prado Surf. Os participantes puideron beneficiarse de sendos cursos de iniciación e perfeccionamento ó surf.


Sobre esta actividade os representantes municipais, Costas e Toucedo, declararon que “dende o Concello de Mos buscamos alternativas de ocio e tempo libre con carácter lúdico, participativo e igualitario co propósito de favorecer a diversión, así como o desenvolvemento persoal e social. Consideramos a necesidade de ofertar actividades de ocio dinámicas e variadas como medio para o crecemento persoal, a realización e a apertura a novas dimensións da vida. O surf é unha actividade que pode practicarse ó longo de todo o ano. Desta maneira, existe a posibilidade de practicar un deporte que favorece o desenvolvemento psicomotor, social e afectivo independentemente do tempo atmosférico que faga. Con esta actividade, pretendemos, que os nenos e nenas aprendan xogando e divertíndose nunha actividade - física deportiva, ó mesmo tempo que gozan dun entorno incomparable e cambiante”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.