Viernes, 31 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño perde a subvención para a construción dun skate park

A Alcaldesa do Porriño fixo oficial o pasado 28 de xuño a súa renuncia á subvención concedida pola Xunta ao abeiro da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para a construción dunha pista de Skate en Torneiros.  Así o decretou a rexedora quen xustificou esta decisión por "non ter iniciado ainda os trámites para proceder á licitación da instalación" e por conseguinte, resultar imposible levar a cabo a mesma en tempo e forma, renunciando a levar a cabo a obra.


"Pese a terse anunciado en campaña este proxecto a renuncia dábase practicamente por feita, unha vez máis, pola mala xestión do goberno municipal", apuntou o concelleiro Alejandro Lorenzo. E é que o proxecto presentado para recibir a achega localizábase nas pistas deportivas do parque do Piñeiro, no Centro Cultural Alba, máis, no recinto onde estaba proxectada a instalación da pista de Skate, coincidindo coa campaña electoral e como consecuencia das reiteradas denuncias dos populares e da veciñanza, levaronse a cabo obras de acondicionamento e mellora.

 

 

 

 

O Concello non só renuncia á axuda e a realizar a obra, senón que deberá devolver os 11.000 euros que ingresou como anticipo por parte de Agader

 

 

 


A obra proxectada ascendía a preto de 60.000 euros aportanto a Xunta 25.700,83 euros.


"A falta de previsión e proxecto de Eva García lévanos unha vez máis a ter que pagar pola súa ineficacia", lamentou Lorenzo, "O Concello non só terá que renunciar á axuda, senón que deberá devolver os 11.000 euros que solicitou como anticipo por parte de Agader".


 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.