GALICIA
A CIG reclama melloras para os servizos de Socorrismo de Galiza
Ante as noticias sobre a xuntanza mantida entre a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta para abordar a situación deste sector en Galiza, a CIG reitera a aposta por uns servizos de socorrismo de calidade, dotando de medios ás e aos profesionais e mellorando as súas condicións laborais, e ao tempo reclama das Administracións Públicas "que se preocupen menos polas bandeiras azuis (outorgadas por empresas privadas) e máis polas persoas que usan as nosas magníficas praias".
A central critica que a FESSGA apareza publicamente interpelando o director de Emerxencias cando está a participar nos acordos e iniciativas que a Xunta e a FEGAMP teñen adoptado nas últimas semanas para os servizos de socorrismo co único propósito de precarizar o emprego e que as empresas poidan tirar máis beneficio a conta destes servizos. A central entende que as propostas e críticas da Federación nesa xuntanza son dunha hipocrisía manifesta "pois hai unha circunstancia evidente, que a FESSGA é un actor con intereses propios dentro da xestión dos servizos de salvamento, pois como empresa opta aos concursos que sacan os Concellos", apunta Rubén Duruelo, da CIG-Servizos da Coruña. Unha externalización que a central sindical tamén cuestiona xa que se trata de servizos que afectan á seguridade da cidadanía "e deberían ser públicos sempre".
No relativo á nova categoría de auxiliar de socorrismo "que se quere inventar a Xunta", a CIG rexeita de maneira tallante esta proposta, que só serviría para afondar na precarización das condicións destes servizos, "coa creación dunha figura que lastraría aínda máis os escasos recursos destinados a estes importantes servizos públicos".
Atrancos das empresas na negociación do convenio
Pola contra, a CIG leva anos solicitando ás patronais do sector que senten negociar un convenio propio, e na actualidade estase a negociar o IV Convenio de Instalacións Deportivas de Galiza, que é o de ámbito funcional para o Socorrismo en espazos naturais. Non obstante, está a resultar moi complicado non só sacar adiante a negociación, senón que se recoñezan dentro do convenio as particularidades do Salvamento en espazos naturais. Por iso, "non entendemos que existan estas reticencias cando a FESSGA é empresa do sector".
De igual xeito, a CIG-Servizos non considera que unha solución para o sector sexa formar a profesionais, nunha actividade tan específica como esta, de maneira semipresencial, tal e como propón a FESSGA. "A solución igual pasa porque as entidades que imparten estas formacións axusten os prezos e non cobren por enriba dos 1500 euros por curso", asevera Duruelo.
Por último, insisten en que a carencia de profesionais para cubrir a demanda estival ten moito que ver cos soldos precarios e malas condicións laborais, os concursos para privatizar estes servizos, e o emprego do diñeiro público "para outras cuestións menos importantes que a seguridade dos e das bañistas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169