VIGO
Vigo inicia os trámites para declarar libres de tabaco as praias de Samil, Vao e das Cíes
A medida tamén será efectiva no estadio municipal de Balaídos, segundo avanzou esta semana o alcalde. Abel Caballero anunciou o peche da consulta cidadá logo de ter recibido 48.000 votos, cunha posición "maioritaria e masiva" -ao redor do 80%- favorable a declarar estes areais e o estadio como espazos libres do fume do tabaco
A consulta habilitada polo Concello na web municipal computou 48.000 votos, indicou Caballero. Na pregunta sobre os areais, os resultados indican un 76,8% de apoio a que non se fume, mentres que no relativo ao estadio, o respaldo elévase ata o 82,2%.
O alcalde, que puxo en valor o "número elevadísimo" de votos rexistrados na consulta, certificou que "a posición maioritaria e masiva da cidade é que non se fume nalgúns areais na cidade nin no campo de Balaídos", co que anunciou o inicio da elaboración da ordenanza que o regule. No caso das praias, estas serán Samil, o Vao e os areais das illas Cíes.
Así, e mentres a normativa municipal que arranca non estea en vigor, o alcalde lanzou unha "recomendación" aos usuarios para que non fumen nin nestes areais nin no estadio de Balaídos.
Engadiu o alcalde que, cando a ordenanza entre en vigor, o Concello prevé ter instalados nas praias espazos delimitados para os fumadores con cinceiros: "Imos facelo con respecto á xente que fuma pero eu sei que a inmensa maioría da xente que fuma quere as praias libres de tabaco", concluíu Abel Caballero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151