O PORRIÑO
Establecementos do Porriño sumaronse á iniciativa para reciclar con premio
O Concello do Porriño, a plataforma “Tropa Verde” e directivos da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) presentaron hoxe en rolda de prensa a iniciativa de recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso.
Por terceiro ano consecutivo “Tropa Verde” e o Concello do Porriño manteñen a súa colaboración coa finalidade de concienciar ós porriñeses sobre a importancia da reciclaxe, “unha cooperación que agradecemos de xeito moi especial”, segundo valorou a alcaldesa Eva García que estivo presente no arranque da rolda de prensa e logo tivo que ausentarse por outros compromisos.
Sergio Casal, concelleiro de Limpeza manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropa Verde e a ascoaición ADEN máis accións de fomenta da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.”
Este ano tres establecementos de venda de electromésticos do Porriño súmanse como entidades colaboradoras habilitándose 3 puntos novos onde se facer entrega de aparellos eléctricos en desuso. Son “Master Dani”, en rúa Progreso, 15; “Connecta Bugarín” no lugar de Abelenda, 2 en Pontellas; e “Tien 21 Reverendo” en rúa Ramiráns, 13.
Cada vez que unha persoa acuda a unha destas tendas a entregar un vello electrodoméstico, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local que colaboran. Neste intre xa son cincoenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa.
Para estimular a participación da veciñanza de O Porriño “Tropa Verde” vai realizar “unha laboura de buzoneo para contrarrestar a falla de información que moitas veces dificulta a reciclaxe”, manifestou Marta Morán, responsable de “Tropa Verde”.
Pola súa banda Javier de la Cerda, secretario xeral e Paula Paz, directora técnica da Asociación Nacional de Empresas Fistribuidoras de Electrodomésticos, explicaron que esta organización patronal “engloba ás cadeas de distribución e as tendas de venda de electrodomésticos que son comercios locais ou de proximidade que teñen un maior grande compromiso co medio ambiente”. “Nós representamos a máis de 600 establecementos polo que estamos presentes en máis de 170 concellos de Galicia e sumamos unha superficie de venda na nosa comunidade que supón 96.000 metros cadrados máis do que teñen as grandes superficies comerciais”, engadiu Paula Paz.
PROXECTO TROPA VERDE
Este ano tres establecementos de venda de electrodomésticos do Porriño sumánse a iniciativa “Tropa Verde” para que os habitantes da nosa cidade poidan facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fóra de uso.
Lembremos que o principio desta colaboración entre a plataforma “Tropa Verde” e a cidade do Porriño arranca en maio do 2017. A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa concellería de Limpeza do Porriño poñen en marcha o proxecto ‘Tropaverde’ cuxa finalidade é concienciar aos porriñeses sobre a importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos.
O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos. Cada vez que unha persoa acode a un centro habilitado como entidade colaboradora a entregar residuos, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos que achegan os comercios e hostalería locais de O Porriño.
Os establecementos de venda de electrodomésticos asociados a ADEN, (Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos), do Concello do Porriño, súmanse como entidades colaboradoras, habilitándose 3 puntos novos onde se pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil.
Estes centros no exercicio 2018, xestionaron máis de 28 toneladas de Residuos (550 aparellos ao final da súa vida útil) e o obxectivo e incrementar a recollida destas fraccións a través desta colaboración.
Este ano 2019 sumanse :
• MASTER DANI: Rúa Progreso, 15.
• CONNECTA BUGARÍN: Lg. Pontellas Abeleda, 2.
• TIEN 21 REVERENDO: Rúa Ramiranes, 13.
Con esta ampla rede de novos centros, particípase activamente no labor de concienciación ambiental dirixida aos cidadáns, e promóvese o desenvolvemento sustentable chegando a ser un elemento crave da da Economía Circular, ademais de dar resposta a unha das demandas máis frecuentes dos veciños, que é recibir recompensas polo seu esforzo á hora de colaborar na recollida selectiva de residuos.
Co obxectivo de achegar Tropaverde o maior número de cidadáns, durante os meses de xullo e agosto realizaremos un buzoneo en O Porriño. No cartaz informativo aparecerá a seguinte información:
“Leva os teus residuos aos puntos de recollida habilitados no Concello: Por cada acción que fagas, recibirás un cheque da Tropaverde cun código que deberás introducir na web (www.oporrino.tropaverde.org)
As estrelas que consigas podes trocalas por agasallos e descontos no comercio local de O Porriño. Os cidadáns que se rexistren antes do 31 de xullo recibirán 30 estrelas de agasallo, polo que xa sabes comeza dende hoxe a túa aventura verde e goza dos agasallos e premios que che ofrece o comercio local do Porriño.
Tropaverde é un proxecto tecnolóxico e innovador desenvolto por Teimas Desenvolvemento , que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que fan accións responsables medioambientalmente, como depositar residuos nos lugares indicados, ou asistir a eventos de sustentabilidade. Estes puntos pódense trocar por distintos agasallos e premios que entregan os locais patrocinadores.
ADEN A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), é unha asociación sen ánimo de lucro, que reúne aos empresarios do sector da distribución e venda de electrodomésticos. Suman un total de 754 establecementos; 597 en Galicia e o resto distribuídos polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, Castela León, A Rioxa, País Vasco e Navarra., cunha superficie destinada á venda de máis de 96.300 m2 e dan emprego a máis de 5.380 traballadores, 2.400 directo e 2.980 inducido. As marcas comerciais distribuídas polas plataformas integrantes de ADEN son as seguintes: CENOR, STAR CENTER- MILAR RADIO- TENDAS ACTIVA, DECORACTIVA, CONNECTA - MASTER CADEA, MASTER KITCHEN - TIEN21, CONFORT, EURONICS - EXPERT - MILAR, IVARTE e UNISERCO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141