Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Educación adxudica a rehabilitación integral de tres colexios da provincia

Os traballos, nos que a Consellería investirá 2.699.712,17 euros, comezarán a executarse os vindeiros días

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar a rehabilitación integral do CEIP García Barbón (Vigo), do CPI de Cova Terreña (Baiona) e do CEIP do Hío (Cangas). As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán os vindeiros días.

 

As actuacións contempladas na rehabilitación integral do CEIP García Barbón, cun investimento de 752.416,66 euros, inclúen medidas para acadar unha mellora da eficiencia enerxética, tales como a instalación de dúas caldeiras de biomasa e a reforma de instalación para quentar os vestiarios do ximnasio, o illamento das fachadas do edificio principal e a colocación de panel sándwich e illamento térmico na cuberta do edificio principal e no ximnasio. Así mesmo, cambiaranse as fiestras do edificio principal por unha carpintería de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética. A combinación destas actuacións suporá un aforro do 71,51 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 75,59 % en emisións de CO2.

 

A obra neste CEIP inclúe tamén a instalación dun ascensor e a construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade ao centro, a colocación de falso teito desmontable nas zonas que carecen del, corredores e sala de usos múltiples, así como a reparación e pintado dos paramentos interiores.

 

Baiona
No caso do CPI de Cova Terreña, cuxa rehabilitación integral custará 1.136.973,66 euros, acometerase o illamento de fachada polo exterior mediante sistema SATE e colocarase panel sándwich e illamento térmico na cuberta. Tamén se mudarán as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e instalaranse novas luminarias de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 46,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 50,0 % en emisións de CO2.

 

As obras programadas contemplan asemade a creación de novos espazos para despachos e departamentos, a reforma de aseos no edificio de Educación Infantil para adaptalos a persoas con mobilidade reducida, a colocación de falso teito acústico nas aulas que carecen del, o pulido do pavimento de terrazo e outras reformas funcionais.

 

Cangas
No CEIP do Hío, os 810.321,85 euros destinados á rehabilitación empregaranse para illar as fachadas e colocar panel sándwich na cuberta do ximnasio, para instalar novas ventás de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, así como luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza. A combinación destas actuacións levarán consigo un aforro do 42,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 45,90 % en emisións de CO2.

 

Neste caso a rehabilitación integral inclúe tamén a instalación dun aerotermo no ximnasio, a renovación das persianas e das caixas das mesmas, a colocación de falso teito acústico nas aulas, a substitución da carpintería interior, o pintado de paramentos interiores e portas e o pulido do pavimento de terrazo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.