Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán instala nas praias ‘recolle-cabichas’ artesanais

Están feitos con material de refugallo nos obradoiros infantís do mercadillo de praia América e unha decena deles foros encargados a usuarios do taller de emprego do Centro Juan María

O Concello de Nigrán está a instalar en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos que asisten aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América, estando os primeiros xa colocados na area, ao carón deste lugar. Ademais, dez unidades foron encargados ao Centro Juan María emprego e estarán xa listas esta semana. O Concello de Nigrán da así un paso máis no seu empeño de apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos, máximo despois do éxito da campaña de concienciación #SanXoanSenLixo.

 

“O  propio deseño, ademais dunha chamada de atención aos fumadores por parte dos nenos para que deixen a praia limpa, é unha invitación a reciclar e a respectar os dereitos medioambientais dos máis novos”, sinala o alcalde, Juan González. Así, os contedores colgan dun soporte de madeira (que está decorado con debuxos de peixes de cores) e consisten en botellas de PVC reutilizadas. O obxectivo é que a propia instalación do ‘recolle-cabichas’ a pé de praia sexa unha chamada de atención á responsabilidade dos fumadores, ao marxe de que tamén é unha acción educativa.

 

 

 

 

“O  propio deseño, ademais dunha chamada de atención aos fumadores por parte dos nenos, é unha invitación a reciclar e a respectar os dereitos medioambientais tamén dos máis novos”, sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

As cabichas son xa a principal fonte de lixo mundial por diante dos envases, botellas e bolsas de plástico, segundo o recente estudio 'Contaminación ambiental por colillas de tabaco. El tabaco de cuarta mano', presentado recentemente polo doutor José Ignacio de Granda, coordinador da área de tabaquismo da Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (Separ).

 

“Temos que concienciar á xente de que as cabichas tamén contaminan o mar e a praia gravemente, de que hai que acabar coa mala costume de fumar e enterrarlas”, insiste González.

 

Un total de 4,5 trillóns de cabichas son tiradas cada ano as rúas, ríos, area, bosques e no mar, o que ten unha grave repercusión no medio ambiente. As cabichas poden tardar entre 8 e 12 anos en descompoñerse totalmente. Estas acumulan parte dos compoñentes do tabaco, incluídas as sustancias químicas máis nocivas que se liberan en contacto co agua. Polo tanto, cando chegan aos ríos e, incluso, ao mar, desprenden ditas sustancias, o que supón unha grave ameaza para a biodiversidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.