Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Lete Lasa fai entrega ás nenas do Club Patinaxe Artística Gondomar os traxes deportivos cos que acudirán aos World Roller Games de Barcelona

Anima a máis nenas e sobre todo, a máis nenos, a participar na patinaxe artística que a día de hoxe conta con 4.506 licenzas federativas en Galicia sendo o 67% pertencentes a mulleres

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu onte aos integrantes do Club Patinaxe Artística Gondomar para facerlle entrega do equipamento deportivo co que acudirán aos World Roller Games de Barcelona así como desexarlles a “mellor das sortes” no maior evento mundial que agrupa todos os campionatos do mundo de todas as disciplinas de roller sports. “Tras todo un ano traballando só queda lucir nesta importante cita a vosa calidade técnica e artística”, dixo.

 

Nas súas verbas, o mandatario galego destacou a traxectoria deste equipo que nos seus seis anos de historia -desde 2013- conseguiu importantes logros como ser campioas galegas durante cinco anos consecutivos na modalidade de show (desde 2015) ou ser vixentes subcampioas de España e de Europa. Esta é a terceira vez consecutiva que o CPA Gondomar acude ao Mundial tras rematar en sexta e en sétima posición en China e Francia, respectivamente.

 

O secretario xeral apuntou que como o Hóckey Club Liceo fíxose un oco nun deporte reservado para os cataláns e conseguiu triunfar en Europa, o CPA Gondomar “foi o único club galego que subiu a un podio nacional e se clasificou para acudir a citas internacionais”. De feito, no ano 2017 foi o primeiro equipo non catalán que se subía a un podio nacional.

 

O secretario xeral aproveitou estes datos para animar a máis nenas e sobre todo, a máis nenos, a participar na patinaxe artística que a día de hoxe conta con 4.506 licenzas federativas en Galicia sendo o 67% pertencentes a mulleres. A Federación Galega de Patinaxe recibe da Secretaría Xeral para o Deporte a través do convenio un total de 55.375 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.