Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Sábado, 13 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Concello e Confederación Hidrográfica manteñen o compromiso para construír a ponte peonil sobre o río Louro

Enrique Cabaleiro reuniuse esta semana con José Antonio Quiroga abordando tamén a recuperación da pesqueira do Louro no citado convenio

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta semana en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar a recuperación do convenio entre ambas institucións para construír unha ponte peonil sobre o río Louro. Tras o encontro desta mañá o alcalde comprometeuse a pór de inmediato en marcha o proxecto expropiatorio dos terreos afectados pola construción desta ponte, un trámite que o rexedor agarda poder completar antes de finais de ano. O seguinte paso será a revisión do borrador do convenio Concello-Confederación actualizando os seus importes – xa que data de 2014 e daquela ascendía a 160 mil euros – e incluíndo tamén a recuperación da pesqueira situada na desembocadura do Louro.  As obras a executar serían financiadas ao 50% por ambas institucións.


Enrique Cabaleiro salientou a “firme vontade” atopada no presidente da Confederación Hidrográfica para recuperar e ampliar este convenio. Engade que precisamente a construción da ponte peonil sobre o Louro é un paso vital para continuar co proxecto do trazado das sendas do Miño dende Tui até Caldelas. Precisamente avanza o alcalde de Tui a intención de comezar tamén o proxecto expropiatario dos terreos afectados por esta outra senda.  No tocante á senda do Miño cara Tomiño o Concello levará a cabo o desbroce do trazado para proceder ao seu estaquillado, para que así os propietarios afectados poidan comprobar in situ a superficie que abranguería a senda. No caso de conseguir a cesión gratuíta por parte dos propietarios o concello poría a dispor os terreos da Dirección Provincial de Costas, que mantén o compromiso de execución da senda até o termo municipal de Tomiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.