Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 14 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Policía Local de Nigrán emprende unha campaña informativa entre os propietarios de cans

Os axentes controlarán especialmente que os animais teñan o microchip obligatorio, estén vacinados, ou que non vaian soltos pola vía pública

A Policía Local de Nigrán emprenderá durante as vindeiras dúas semanas unha campaña informativa entre os propietarios de cans para conciencialos das obrigas legais que conleva ter unha mascota.

 

Así, os axentes vixiarán especialmente que os animais conten co microchip obrigatorio, o sistema electrónico de identificación que se lle implanta no veterinario e que permite un recoñecemento legal de que somos os donos e titulares do mesmo, sendo especialmente útil en caso de perda do mesmo pero tamén para evitar o   abandono (circunstancia que a lei castiga con sancións). Ademais, controlarán que a documentación esté en regla (calendario de vacinas ou a licencia dos cans de razas perigosas). Outro dos aspectos  dos que a Policía Local informará é da obligatoriedade de levar aos cans atados pola vía pública (con máis requerimentos se é can de raza perigosa), de recoller os excrementos ou a prohibición de levalos á praia entre o 1 de xuño e 30 de setembro. Todo elo son cuestións de civismo e boa conviencia cidadá que a Policía Local desexa infundir na veciñanza, especialmente nesta época do ano no que Nigrán conta con máis poboación e, consecuentemente, hai máis propietarios de cans. "Trátase dunha campaña orientada a apelar ao civismo dos propietarios e as obligacións que conleva ter un animal", resumen dende a Policía Local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.