Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos felicita a súa primeira Campioa de España de Xadrez

Tan só ten 8 anos de idade e xa forma parte da lista de menos de 10 galegos que foron Campións de España

Maia Pérez Sousa, do Club Xadrez Mos, proclamouse Campioa de España de Xadrez o pasado domingo 23 de xuño do 2019.


Para felicitala por tan grande logro á súa curta idade dende o Concello de Mos organizóuselle unha recepción oficial no Salón de Sesións, na que a acompañaron o seu adestrador e tesoureiro do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira, o seu pai e secretario do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e demais membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal.


[Img #54872]Aos seus 8 anos de idade, a nova promesa do Xadrez Mos, Maia Pérez Sousa, proclamouse Campioa de España de Xadrez na Categoría Sub-8. O torneo celebrouse na localidade Granadina de Salobreña, onde se deron cita un total de 99 xogadoras e xogadores, os talentos máis novos do xadrez español.


O torneo deu comezo o xoves día 20 e finalizou o domingo 23 de xuño. Catro días de competición durante os que todos os participantes disputaron un total de 9 roldas.


A pesar de non ter un comezo de competición ideal, perdendo as dúas primeiras partidas, Maia conseguiu sobrepoñerse e alcanzar un total de 6.5 puntos dos 9 posibles que a proclamaron Campioa en Categoría Feminina, e 11º Clasificada na Xeral. Unha actuación brillante na súa primeira participación a nivel Nacional, que pon peche a unha gran tempada para Maia, que finalizara ademais 4ª no Campionato Autonómico, logrando unha bolsa da Federación Galega para participar no Campionato de España, do que finalmente se proclamou Campioa.


Este gran resultado permite a Maia representar á delegación española no Campionato de Europa de Xadrez en Categoría Sub-8, que se celebrará as dúas primeiras semanas do vindeiro mes de agosto en Bratislava, Eslovaquia.


Dende o seu equipo, o Club Xadrez Mos, declaran que “é un orgullo para o noso Club a achega de Maia á historia do xadrez galego, sendo menos de 10 os Campións de España históricos pertencentes á nosa comunidade. Merecido resultado, froito do esforzo e entrega de Maia, e do labor que está a realizar o Club Xadrez Mos en colaboración co Concello de Mos. Apostando polo xadrez nas escolas, pola difusión entre os máis novos, fundamental para arraigar a paixón do xadrez no noso Concello, e para poder descubrir e potenciar talentos como o de Maia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.