MOS
A alcaldesa de Mos esixirá responsabilidades pola trama dos recibos da auga falsos
Celebrarase o vindeiro martes 16 de xullo ás 12.00 horas no Pazo de Mos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou da convocatoria dun Pleno Extraordinario que se celebrará o vindeiro martes 16 de xullo ás 12.00 horas no Pazo de Mos sobre a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos.
Na devandita sesión plenaria esixiranse responsabilidades respecto da trama dos recibos falsos da auga aos investigados e presuntos implicados na mesma.
A rexedora local mosense considera que o caso dos recibos da auga falsos se trata dunha trama política contra a súa persoa iniciada fai un ano. Trama que incluiu a convocatoria de Asambleas na Comunidade de Montes de Tameiga e nas Comunidades de Augas, manifestacións, pancartas en vivendas (unha delas colocada nunha das casas das que partiron os recibos falsos), mentiras para xerar alarma social como que a auga de Pereiras estaba contaminada, e o colofón final previo ás eleccións municipais: os recibos falsos.
En innumerables ocasións GañaMos e a Plataforma Auga e Vida dixeron que o caso dos recibos falsos era unha montaxe e Román González, voceiro de GañaMos, no seu perfil persoal de Facebook escribiu literalmente que era unha “factura pantasma”, unha “montaxe” e pediu para este tema “máxima transparencia e que non quedara no baúl do esquecemento”.
Datos da investigación
Carlos R., empregado da Comunidade de Montes de Tameiga levou as 4.000 cartas a Correos e declarou que quen lle mandou facelo foi Gonzalo P., coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga e 8º na lista electoral de GañaMos; ademais de man dereita de Antonio C., presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, de cuxas vivendas, casualmente, partiron os recibos falsos emitidos.
Apoio dos grupos da Corporación
Arévalo pediralle ademais neste Pleno a PSOE e BNG que se posicionen claramente neste asunto e abandoen o seu silencio, porque “ata o de agora ningún partido político da oposición condeou este delito nin se manifestou, seguen calados sen emitir sinal de apoio algún ao Concello e ao goberno local, que dean explicacións de por que os apoiaron e se puxeron detrás da súa pancarta nas manifestacións, por que prestaron a súa imaxe, medios e apoio á Comunidade de Montes de Tameiga e aos seus membros amparándose na defensa do monte para atacarme. Agora gustaríame saber se condean estes feitos, se eran coñecedores dos mesmos … O único que sí teño totalmente claro é que todo isto utilizouse para intentar danar a miña imaxe e conseguir un rédito político que non era outro que a alcaldía de Mos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186