Sábado, 07 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O Programa “O teu primeiro emprego” contratará a 108 persoas que realizarán prácticas nos concellos

Permitirá aos concellos a contratación de titulados universitarios ou de FP de ciclos superiores sen experiencia laboral previa

Un total de 108 mozos e mozas beneficiaranse do plan “O Teu Primeiro Emprego” que a Deputación de Pontevedra porá en marcha en breve despois de que a Xunta de Goberno dese luz verde as súas contratacións para realizar prácticas en 43 concellos da provincia.

 

Á convocatoria deste programa de fomento da empregabilidade, dirixido a titulados universitarios ou de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, presentáronse 45 concellos, dos que foron admitidos 43 para as devanditas 108 contratacións. Os obxectivos desta iniciativa da institución provincial, que substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral ao converter as bolsas en contrat0s en prácticas, son que as persoas beneficiarias poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa inserción no mercado laboral, como sinalara a presidenta do Goberno provincial, Carmela Silva, tras a aprobación das bases da convocatoria.

 

Serán agora os concellos admitidos os que se encargarán de levar a cabo a selección das persoas a contratar, que se realizará entre demandantes de emprego ou co cartón de mellora de emprego, inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas, segundo as bases reguladoras aprobadas pola Deputación de Pontevedra.

 

Once concellos contarán con catro beneficiarios deste programa. Trátase de Cambados, Cangas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía, A Guarda, Lalín, Moaña, Poio, Ponteareas e O Porriño. Outros catro concellos, Bueu, O Grove, Marín e Redondela terán tres persoas contratadas en prácticas, mentres que 24 terán dúas persoas. Son Barro, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Cuntis, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa. Por último, Campo Lameiro, Covelo, Forcarei e Ponte Caldelas contarán cunha persoa empregada ao abeiro deste plan.

 

Os perfís das persoas que traballarán nos concellos incluirá diplomados ou graduados en Traballo Social, titulados no Ciclo Superior de Administración e Finanzas, graduados ou licenciados en Dereito, diplomados ou graduados en Educación Social, titulados no Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas, diplomados ou graduados en Relacións Laborais, diplomados en Xestión e Administración Pública, graduados en Educación Primaria, licenciados ou graduados en Relacións Públicas, graduados en Arquitectura e Enxeñería Técnica de Obras Públicas ou titulados no Ciclo Superior en Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. 

 

A través de “O Teu Primeiro Emprego”, presupostado en 1,9 millóns de euros, a Deputación financiará unha parte do custo laboral dos contratos en prácticas por un período de seis meses, e doutros seis meses máis en caso de prórroga.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.