TUI
Recepción aos nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui
Esta semana tivo lugar na casa do concello de Tui a recepción aos tres nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui dentro do programa “Vacacións en Paz”. O alcalde, Enrique Cabaleiro, deulles a benvida xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Ana Mª Núñez.
Son dúas nenas, Yamila e Mariem, as que por terceiro ano pasarán o verán en sendas familias acolledoras de Tui, e as elas sumouse este ano Omar que a primeira vez que viaxa a España e pasará tamén os próximos meses na cidade.
Tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, coma o concelleiro e a concelleira, desexaron aos nenos e nenas unha boa estadía na cidade lonxe das inhóspitas condicións do deserto onde viven nos campamentos de refuxiados saharauís.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163