Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 28 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación inicia a contratación das obras para mellorar a mobilidade en Guláns

Crearase unha plataforma única entre o colexio Feliciano Barrera, o cemiterio e a igrexa, e unha ‘zona 30' para aumentar a seguranza viaria

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno o expediente de contratación para adxudicar as obras de mellora da mobilidade peonil nas inmediacións da igrexa de Guláns en Ponteareas. Inícianse agora os prazos para que a institución provincial saque a licitación o proxecto, se abra a recepción de ofertas e se contrate á construtora, trámites que deberían estar listos antes do inverno se non xorden complicacións. 

 

 A actuación, impulsada polo departamento de Mobilidade provincial, pretende aumentar a seguranza viaria con elementos de calmado de tráfico e unha plataforma única entre os equipamentos, de feito que se habilita unha ‘zona 30' de velocidade máxima. Darase así resposta ás continuas reclamacións da veciñanza da zona e do alumnado do centro de ensino para rematar coas situacións de perigo para as persoas que pasan camiñando polo ámbito de actuación (un treito de medio quilómetro da estrada provincial EP-4004). 

 

O proxecto de Guláns inclúe a creación dunha nova beiravía na marxe esquerda aproveitando os sobreanchos existentes. No inicio da actuación construirase un paso de peóns sobreelevado, e ao final, cando se chega á zona de equipamentos (igrexa, cemiterio e colexio) habilitarase a plataforma única de prioridade peonil en formigón e franxas de pedra, todo elo nun área de velocidade máxima a 30 quilómetros por hora. Para aumentar a calidade urbana dotarase á zona dunha nova iluminación, substituíndo as luminarias e os báculos existentes por outras novas de maior eficiencia enerxética, así como instalando balizas led no pavimento para marcar a zona de convivencia.

 

Con esta actuación perséguese priorizar o tránsito peonil con seguridade, especialmente para os colectivos máis vulnerables (peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida) sempre baixo as premisas de buscar un deseño que sexa comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas ademais de garantir unha circulación rodada tamén máis segura para os condutores.

 

O convenio asinado con Ponteareas para esta obra establece que a Deputación de Pontevedra financiará o 80% e o Concello o 20% restante dun investimento total de 382.858,96 euros e inclúe a transferencia da titularidade do treito reformado ao Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.