Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación inicia a obra da nova glorieta de Cristelos en Tomiño

A actuación, que durará cinco meses, incluirá redutores de velocidade para crear unha zona 30, un itinerario peonil seguro e unha nova parada de autobús

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra inicia  as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño. Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.

 

Segundo indica o departamento de Mobilidade, está previsto realizar a obra sen afección ao tráfico salvo durante os asfaltados, cunha previsión de execución de cinco meses, polo que a nova glorieta estará finalizada e operativa antes de finais deste ano.

 

A mellora da seguranza viaria na zona vén obrigada debido a que non existe un itinerario peonil seguro, posto que non hai cunetas e a beiravía está invadida de maleza, e a que a parada do autobús escolar existente non está convenientemente sinalizada, convivindo de xeito perigoso os tránsitos de persoas, coches e autobuses.

 

O proxecto inclúe unha ampliación da calzada para a instalación da rotonda, onde será preciso un pequeno desmonte. A nova intersección terá unha ronda cun diámetro exterior de 28 metros e dous carrís de catro metros cada un. Disporá de áreas con espazos de sección media útil de 2,5 metros para os peóns na zona da parada de bus, e crearase unha nova rede de alumeado público con 10 unidades de iluminación led, catro delas nunha columna no anel interior da nova glorieta. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.