Martes, 10 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

O Castro de Herville xa se atopa conectado á rede de saneamento

A obra era de especial importancia ao tratarse dunha zona de ocio e servizos cunha enorme afluencia de visitantes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso Táboas, xunto con membros da Comisión de Festas da Virxe das Neves de Herville e da Comunidade de Montes, visitaron os traballos de acometida da obra de conexión á rede municipal de saneamento, en Herville de Abaixo, do recinto do Castro.

 

Os labores de instalación do saneamento nesta zona foron realizados con fondos propios da Comisión de Festas, sendo a obra xestionada pola Comunidade de Montes en Man Común de Herville e executada con man de obra municipal, é dicir, levada a cabo por traballadores do Concello.

 

A conexión do recinto do Castro de Herville á rede de saneamento en Herville de Abaixo era unha importante necesidade da zona, ao tratarse dun área de lecer e servizos que conta cunha gran afluencia de público. Por elo esta mellora tratábase dunha das demandas prioritarias da veciñanza do barrio de Herville.

 

A obra, que se prolongou durante un prazo aproximado de 9 días, xa se atopa rematada e en funcionamento. Durante os traballos instaláronse 570 metros de tubería coas súas correspondentes arquetas.

 

Os representantes municipais, Arévalo e Alonso, declararon sentirse “satisfeitos ao terse feito realidade esta importante mellora para Herville” e destacaron “a importancia da colaboración entre entidades, xa que esta obra foi posible grazas á cooperación e traballo conxunto entre Comisión de Festas, Comunidade de Montes e Concello”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.