Domingo, 26 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 28 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
Oia

O Concello de Oia reparte 50 novos composteiros domésticos

As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de agosto

Concello de Oia continúa coa súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, 50 novos composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de agosto.

 

Esta nova partida de composteiros provén dunha achega da Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza (20 unidades) e doutra de Sogama (30 unidades) a través do programa de compostaxe doméstica.

 

O Concello de Oia anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

 

Beneficios da compostaxe

O compost é un excelente abono para as hortas domésticas, pois contribúe a que as plantas teñan maior resistencia ás pragas e enfermidades sen necesidade de empregar fertilizantes artificiais e pesticidas. Así mesmo, este produto natural é beneficioso para a estrutura e a saúde do solo.

 

Ademais, o compost axuda a diminuír a produción de residuos, pois a materia orgánica é reutilizada en vez de ser botada aos contedores de lixo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.