Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 31 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta apoia a navegación inclusiva a través da iniciativa ‘Ecodestin-Sensea’

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, puxo en valor a importancia de iniciativas de turismo mariñeiro inclusivo como Ecodestin-Sensea para facer máis accesibles as experiencias e os recursos que ofrece o mar de Galicia a todo tipo de públicos. Neste sentido subliñou que grazas a Ecodestin-Sensea promociónase a navegación e as calidades de Galicia como destino náutico entre novos públicos. Así o destacou na Guarda durante a presentación desta iniciativa desenvolvida dentro do proxecto Ecodestin_3IN.

 

Este proxecto, que ten como socio principal á Asociación Galega de Actividades Náuticas Agan+, busca aumentar a atracción do territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través do fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural vencellado ás rías, aos ríos e á costa para especializar internacionalmente o espazo de cooperación como un único destino econáutico e deportivo, accesible e integrador. Trala presentación hai programadas diferentes actividades como un obradoiro de redes mariñeiras coa Asociación de Redeiras Baixo Miño da Guarda, unha visita ao Museo do Mar da Guarda, a navegación inclusiva a remo e a vela con gamelas tradicionais da Asociación Piueiro da Guarda e un obradoiro de elaboración de petiscos coas conservas de atún e peixe espada da Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.