CULTURA
O Revenidas de Vilaxoán volve contar co apoio da Xunta
Jacobo Sutil participou na presentación deste evento, que celebrará do 9 ao 11 de agosto a súa 16ª edición, pola que resultou adxudicatario de preto de 27.000 euros na última convocatoria de axudas da Agadic
O festival Revenidas presentou hoxe a súa 16ª edición, que se celebrará en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) do 9 ao 11 de agosto cun dobre apoio por parte da Xunta. Dunha banda, como adxudicatario das subvencións a festivais de música que a Consellería de Cultura e Turismo convoca cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e doutra, como un dos 12 encontros patrocinados na segunda temporada de FEST Galicia, a marca creada pola Administración autonómica para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
Así o explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, durante o acto que tivo lugar no Parque Dona Concha e no que participou xunto a Xoan Quintáns, director do festival, e mais os responsables do resto das institucións colaboradoras. Contouse tamén coa intervención artística de Peter Punk, en representación do programa de actividades paralelas que complementan o cartel musical.
Sutil especificou que o festival recibe preto de 27.000 euros a través da liña de axudas da Agadic para este tipo de eventos musicais, dotada con 340.000 euros en 2019 e da que se benefician 16 festivais. Detallou, así mesmo, as medidas de apoio adicionais nas que se materializará a adhesión do Revenidas a FEST Galicia, un plan transversal da Xunta de Galicia que este ano se presenta baixo o lema común Festivais que fan camiño e do que tamén forman parte o Resurrection Fest, PortAmérica, 17º Ribeira Sacra, Vive Nigrán, Sinsal, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Festival de la Luz, WOS Festival, Cantos na Maré e Caudal FEST, estes dous últimos como novas incorporacións. A Consellería de Cultura e Turismo dotou esta segunda edición da iniciativa con 350.000 euros, distribuídos entre os eventos participantes a través de contratos de patrocinio.
Escenario patrocinado
No caso concreto do Revenidas, FEST Galicia dálle soporte a un dos escenarios, que acollerá as actuacións de Erin, Mal Eleve, Hard GZ, Ferromona DJ, TNT, Rebeliom do Inframundo, Valira, Skacha, PlanB DJ, Chocolate Remix, Bastards on Parade, O Leo e Los Jinetes del Trópico, este último grupo como un dos gañadores do concurso de bandas Sonidos Mans, organizado pola Fundación Paideai Galiza coa colaboración da Agadic.
É, ademais, un dos 12 festivais patrocinados este ano por Cultura e Turismo baixo a marca FEST Galicia, que disporá dun espazo propio para promover a igualdade, a lingua galega, o respecto medioambiental e valores positivos para a mocidade
O festival contará tamén con Nao, Doctor Krápula, Gogol Bordello, Gambeat DJ, Gatillazo, Caligaris, Talco, El Niño de la Hipoteca, Flow de Toxo, Desakato, Baboom Show, Tribade, Terribles, Brassica Rapa e Thomas Dylan & Balea, así como con seis artistas nos concertos que se celebrarán a bordo da embarcación tradicional Chausula: Gabri Dakidarría, Ugía Pedreira, Zeltia Irevire, Gramola e, de novo, O Leo e Los Jinetes del Trópico. En total, poderanse escoitar nos tres días que durará o festival 32 bandas como parte dun cartel que se completa coa tradicional sardiñada popular, showcookings, unha feira de talentos e creatividades emerxentes, e a Gran Gala de Circo Solidaria a favor dos campamentos de refuxiados situados nas fronteiras europeas.
Preto de 880.000 euros de impacto na comarca
Ademais, FEST Galicia patrocina as pulseiras cashless do festival, que permiten o acceso ao recinto, onde serven tamén como medio de pago. Incorporan o control de aforo continuo a través da tecnoloxía RFID, ofrecendo datos que permitirán optimizar a seguridade e analizar parte do impacto do evento. De feito, a súa repercusión económica, social e mediática xa foi estudada o pasado ano como parte das accións de FEST Galicia, dando como resultado un informe que cifrou en preto de 880.000 euros o seu impacto económico na comarca de Arousa.
O director da Agadic indicou tamén que a marca contará en Vilaxoán cun espazo propio de difusión, renovado e versátil, que funcionará como epicentro das campañas de concienciación social e medioambiental impulsadas a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Política Social, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.
Sensibilización medioambiental
Así, o espazo FEST Galicia albergará o venres 9 un punto informativo de Medio Ambiente, no que persoal especializado lles transmitirá aos asistentes a importancia de adoptar un comportamento ecoconsciente. Neste sentido, elaborouse un Manual de eventos sustentables no que se reflicten medidas para ter en conta a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: fomento do uso do transporte público e compartido, consumo de produtos alimenticios locais, ecolóxicos e de comercio xusto, e optimización do uso de auga e enerxía, reducindo o consumo eléctrico e promovendo a utilización de enerxías alternativas. Por outra banda, en colaboración coas entidades xestoras da recollida de residuos, organizarase o servizo de contedores para a separación de residuos durante as datas de celebración do festival.
No coñecido como Festival das Linguas e a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, FEST Galicia desenvolverá dúas actividades centradas en promover o uso do galego entre a xuventude. O sábado 10, a partir das 14,00 h., o comunicador Víctor Grande animará a mocidade a que achegue as súas ideas sobre actuacións de dinamización do uso da lingua galega. Ademais, realizarase o concurso Pasa a palabra, no que os participantes poderán divertirse adiviñando verbas en galego e, con cada acerto, terán a oportunidade de facerse con sombreiros e bolsas, ademais de optaren a unha bicicleta eléctrica, que se sorteará entre todas as persoas gañadoras de cadanseu festival ao final da temporada.
Mediante esta iniciativa tamén se lle dará soporte a un dos escenarios e ás pulseiras 'cashless' de acceso e pago no recinto
Tamén o sábado, de 18,00 a 20,00 h., terá lugar outra actividade lúdico-formativa dirixida á mocidade na que se farán preguntas sobre Galicia en diferentes disciplinas marcadas nunha ruleta, onde os acertos suporán diferentes premios como pulseiras, camisetas ou bolsas de tea. O persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil será o encargado de desenvolver este xogo, ao tempo que ofrecerá información sobre os diferentes programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Igualdade
O ámbito da igualdade centra tamén varias das accións desta segunda temporada de FEST Galicia, que apoia tanto a programación musical planificada con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo, ademais de accións en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade enmarcadas na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual. Persoal formado neste ámbito difundirá o Decálogo contra a violencia sexual: dez cousas que tes que saber para informar sobre como actuar en caso de agresións, ao tempo que se instalarán tótems coas mensaxes da campaña.
Ademais, o domingo 11, de 13,30 a 15,30 h., levarase a cabo o obradoiro Machismos Off, no que as persoas participantes identificarán condutas machistas que asumimos como habituais e faranas visibles nun encerado, como primeiro paso para loitar contra elas. Tamén poderán comentalas nas súas redes sociais coas etiquetas #MachismosOFF e #FestGalicia2019.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149