Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 02 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O PSOE critica a negativa de levar a pleno unha moción de "vital importancia"

O Partido Socialista, facéndose eco das queixas que lle fixeron directamente veciñas e veciños de Puxeiros, presentaron unha moción na que pedían retirar o tráfico pesado do  Camiño do Monte de Cabral polos prexuizos xerados a veciñanza na súa vida cotiá. A bancada socialista decide presentar esta moción despois de falar cos veciños e que lle digan que levan meses intentando obter unha resposta do concello que nunca da chegado.

 

O Partido Popular alega para non levala a pleno que é un tema no que xa están traballando, a pesares de ser unha medida sinxela dunha zona puntual e que suporía por fin a un problema da veciñanza. A portavoz do grupo socialista, Victoria Alonso, di que "outra vez a prepotencia do Partido Popular deixa ver a súa falta de respeto pola veciñanza, xa que din ter a potestade de levar a pleno as mocións que eles crean convenientes coa finalidade de non permitir o debate de cuestións necesarias para a veciñanza".

 

Alonso reitera "a urxencia de tomar medidas nesta problemática que é unha cuestión dunha zona concreta e que non suporía solapamento co traballo de retirada do tráfico pesado que din estar a facer". Tamén fai fincapé en que "se atenda as reclamacións da veciñanza para que non se sintan desprotexidos ante un goberno que da a costas en ocasións".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.