Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 04 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda acolle a Exposición «Historia comercial e industrial guardesa»

O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU - A GUARDA Centro Comercial Aberto titulada «HISTORIA COMERCIAL E INDUSTRIAL GUARDESA»: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade.


No acto de inauguración interviron a Presidenta de Acigu CCA, Carmen María García Braga; o Presidente da Federación Gallega de Comercio, José María Seijas, o Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jesús Castiñeira e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, contando ademais cunha ampla representación do empresariado guardés e representantes políticos. A exposición espertou moito interese, facendo recordar a moitos dos presentes as empresas que existían tempos atrás e como eran os seus «slogans», logotipos ou «ganchos» comerciais.


Esta mostra, que conta cun total de 18 paneis, tenta realizar unha viaxe polos últimos 70 anos da vida comercial e industrial guardesa, a través da súa publicidade, amosando diferentes anuncios e publicidades que empregaron as empresas guardesas para dar publicidade das súas marcas e produtos, xerando un feedback entre o visitante e a exposición.


Para os maiores esta mostra permite, mediante estes anuncios, realizar unha viaxe ao pasado dos seus recordos; ás tendas da súa xuventude e a evolución destas empresas da nosa vila.


Para os máis xoves é unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas había tempos atrás; así como as ferramentas que se empregaban e que arestora están fora de uso ou substituídas por novas tecnoloxías. Naqueles tempos existían números de teléfono con 2 e 3 díxitos, se empregaban direccións telegráficas, telex, así como o xeito de promocionarse, antigamente se realizaba en impresión, na actualidade a través das redes sociais. Tamén se pode apreciar a denominación das rúas noutros tempos e a relación existente xa naquela época con outras áreas, como pode ser Vigo ou o norte de Portugal.


Nesta mostra non se pretende valorar a presenza das marcas ou empresas; senón a evolución que tivo a nosa localidade co seu tecido comercial e industrial; así como a gran cantidade e a calidade de grandes emprendedores locais.


Esta exposición estará na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 8:00h a 15:00h ata o vindeiro 16 de agosto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.