Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Martes, 06 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Tui contratará a catro persoas desempregadas do programa “O Teu Primeiro Emprego”

Deste xeito o Concello comprométese co emprego xuvenil facilitando o acceso ao mercado laboral a titulados universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral previa. Será ao abeiro do programa “O Teu Primeiro Emprego” da Deputación de Pontevedra, logo de que a institución provincial aprobase a selección do Concello de Tui coma entidade colaboradora.


Deste xeito o Concello de Tui comprométese co emprego  xuvenil facilitando a 4 mozos ou mozas a posibilidade de adquirir experiencia profesional acorde ao nivel de estudos cursado facilitando a súa inserción no mercado laboral.


En concreto o Concello de Tui realizará un contrato en prácticas durante seis meses prorrogables a catro persoas co seguinte nivel de estudos.

 

  • Ciclo Superior en Guía, información e asistencias turísticas ou Información e Comercialización turísticas

 

  • Ciclo Superior en Produción Audiovisual e Espectáculo ou Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos

 

  • Licenciatura ou grao en xornalismo

 

  • Enxeñería Técnica Forestal, Grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural, Grao en Enxeñería Forestal ou Enxeñería de Montes

 


O Concello de Tui será o encargado de realizar a selección das persoas que resulten beneficiarias destes contratos en prácticas. A Deputación concede unha subvención de 1000€/mes para os titulados universitarios e o de 950€/mes para os ciclos superiores de formación profesional, financiando o concello o resto do importe do custo laboral e a Seguridade Social de cada traballador ou traballadora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.