Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 05 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación abre este martes as inscricións para a tercera Depoandaina que percorrerá A Toxa

As persoas interesadas nesta ruta polo concello do Grove, con 300 prazas previstas, poderán anotarse ata o mércores 14 de agosto

Desde este martes, 6 de agosto, estará aberto o prazo para que as persoas que o desexen poidan participar na terceira das DepoAndainas 2019 programadas pola  Deputación de Pontevedra, que percorrerá distintos espazos do concello do Grove, entre eles o parque forestal da Illa da Toxa e a ruta das pasarelas de Pedras Negras.

 

Máis polo miúdo, trátase dun itinerario con dous rutas que se desenvolverán pola mañá e pola tarde. Na primeira andaina, as persoas participantes visitarán a illa da Toxa, co seu parque forestal e a aldea dos Grobits, mentres que na segunda, pola tarde, percorrerán a Ruta dos Cons, un paseo de madeira desde o que poderán contemplar a localidade de San Vicente do Mar, a súa costa e numerosas esculturas en pedra.

 

Como no resto das DepoAndainas, a Deputación de Pontevedra ofrece un total de 300 prazas, dirixidas a persoas de toda a provincia, independentemente da súa idade, aínda que o Concello do Grove poderá ofertar outras 50 prazas adicionais. Ademais, a institución provincial facilitará ás persoas participantes o traslado ata O Grove en autobuses, que sairán da praza de Galicia de Pontevedra e da praza de España en Vigo. As persoas interesadas en participar neste percorrido deberán cumprimentar o impreso de solicitude na páxina web www.depo.gal, con data límite do 14 de agosto.

 

O programa de DepoAndainas ten por obxectivo fomentar hábitos de vida saudable, ao tempo que promover o turismo. Ademais, ten un marcado compromiso co medio ambiente e deste xeito, en cada una das sete andainas impulsaranse charlas de concienciación e sensibilización. Despois da ruta por O Grove, a programación continuará o 1 de setembro coa DepoAndaina polo parque A Canuda e o paseo fluvial da Illa Fillaboa en Salvaterra de Miño (o prazo de apertura de inscricións abre o 19 de agosto).  A quinta andaina se celebrará o 22 de setembro polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo (abre o prazo o 2 de setembro) e xa no mes de outubro terán lugar as dúas últimas rutas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (a inscrición comezará o 23 de setembro) e o 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (o prazo para inscribirse comeza o 30 de setembro).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.