Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 06 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A cultura urbana encheu o porto da Guarda na V edición do Galifornia Beat

A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.


Este evento ven a demostrar que a práctica deportiva é un nexo de unión para moitas xeracións na Guarda e repercute favorablemente en hábitos saudables.


O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda congregou este ano concertos, exhibicións deportivas, grafitti, oferta gastronómica e moito máis, nunha superficie total de 30,000 metros cuadrados, baixo a organización da Asociación Cultural Galifornia Beat.


O V Galifornia Beat arrancou o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00h tivo lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos pola noite coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.


Xa na xornada do sábado realizouse o aberto e Open SUB-14 e Basket e a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinou aos máis pequenos como iniciarse na práctica do skateboarding.


Ao mediodía o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits foron os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú.


Pola tarde tivo lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición espectacular de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli.


Mais tarde tiña lugar o Open de Bowl e a entrega de premios, para rematar cos concertos dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.