Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 11 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
GALICIA

Axudas para escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por entidades de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde de subvencións para obras menores de adecuación e mellora nos centros, así como para a compra de equipamento e mobiliario, e para a integración das novas tecnoloxías nas aulas

A Xunta de Galicia abre  ata o 6 de setembro o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas para investimentos na mellora de infraestruturas e equipamentos das escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica  a orde que regula a concesión destas axudas que conta cun crédito total de 400.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

Ao abeiro desta convocatoria e baixo o réxime de concorrencia competitiva serán subvencionables tanto as obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas, como obras novas que non precisen de proxecto técnico e melloren a accesibilidade ou doten ao edificio de servizos necesarios.

 

 

 

 

A convocatoria conta cun orzamento de 400.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde mañá e ata o 6 de setembro

 

 

 

 

Así mesmo, entran dentro desta orde de axudas a adquisición e mellora do equipamento do centro a compra de mobiliario interior e exterior, así como de material didáctico e de xogo. Como novidade, a compra deste material deberá realizarse aplicando a perspectiva de xénero para promover entre as nenas e nenos a construción da personalidade libre de estereotipos.

 

Ademais, a convocatoria tamén subvenciona a dotación de conexión a internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

 

Financiarase ata o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente a solicitude.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.