Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 13 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra oferta 149 obradoiros do programa “Depo en Marcha 2019”

O goberno de Carmela Silva aprobou a segunda adxudicación de 19 novas accións formativas para 11 concellos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación de obradoiros do programa “Depo en Marcha”, que oferta ata 149 obradoiros para este ano 2019. Ata o momento tíñanse xa aprobadas 130 accións formativas que, coa adxudicación das 19 aprobadas na Xunta de Goberno para 11 concellos da provincia, completa o programa dirixido a persoas maiores da provincia.

 

 

 

 

En total rexistráronse case 300 solicitudes para estas actividades que pretenden favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas

 

 

 

 

O programa “Depo en Marcha 2019” espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.