Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 19 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta convoca os titulares dos terreos para a execución dunha senda en Parderrubias

Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello os citados días, no horario comprendido entre as 9.30 e as 13.30 horas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca os días 17 e 18 de setembro os titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas, co fin de realizar o levantamento de actas previas.

 

Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello os citados días, no horario comprendido entre as 9.30 e as 13.30 horas. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://bit.ly/2Z6rhHS

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un orzamento duns 900.000 euros, no cal se inclúe o pagamento aos titulares dos 94 predios necesarias para executar esta actuación.  

 

Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros.

 

 

 

 

Trátase dun itinerario para peóns e ciclistas que se desenvolverá en tres treitos da estrada autonómica PO-411

 

 

 

 

Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres treitos, un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos  quilométricos 5+970 e 6+250.

 

Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

 

Cómpre lembrar que con esta nova actuación impulsada desde a Xunta se completa o Plan de Sendas de Galicia para a Comarca de Vigo. Nesta comarca implicou a mobilización dun investimento total de 5,9 M€, que está a permitir a execución de máis de 12 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas en estradas de titularidade autonómica.

 

Estas actuacións son cofinanciadas con Fondos europeos do programa operativo Feader  2014-2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.