Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

O BNG traslada ao Parlamento o “abandono” da Fonte de Troncoso

O deputado Luís Bará visitou este ben patrimonial para coñecer o seu estado

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, alertado polo Grupo Municipal do Bloque en Mondariz Balneario, visitou a Fonte de Troncoso para coñecer de primeira man o estado deste ben patrimonial tras o derrube da súa cuberta.


“Fronte a ameaza de ruína total que sufre a Fonte de Troncoso, a actitude de pasividade absoluta do goberno municipal ante o risco de desaparición dun dos edificios mais emblemáticos de Mondariz Balneario e de Galiza, obriga ao BNG a dar un paso máis”, sinalou o seu Portavoz Municipal, César Gil.  Por iso o Bloque trasladará unha iniciativa ao Parlamento Galego “para instar a Xunta a que tome medidas urxentes e rehabilite a fonte”.


“O estado actual de abandono non é casual, nin algo imprevisto polo concello. É o resultado da inexistencia dun proxecto urbanístico adecuado ás necesidade dunha vila histórica”, asegura César Gil. O BNG de Mondariz Balneario vén denunciando dende hai anos o abandono de moitos dos bens patrimoniais da Vila, “sendo a Fonte de Troncoso o exemplo mais claro do desleixo por parte da administración”. Segundo declara Gil, “as ruínas son a triste realidade dun proxecto político obsoleto, que non foi capaz de aproveitar o potencial da vila termal”.


Luis Bará, na súa visita a Mondariz Balneario, lembrou que “é competencia dos concellos ser garantes da protección dos bens patrimoniais protexidos, e responsabilidade última da Xunta a súa conservación”,  polo que defenderá no Parlamento Galego o patrimonio material e inmaterial da localidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.