Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 18 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medio Ambiente recorda que hai dispoñibles máis 3.000 prazas para acceder á Illa de Ons

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural invita a todas as persoas que non teñen carné de acceso libre a retira o billete con antelación para asegurarse á entrada a Ons nas Festas de San Xaquín

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que na actualidade hai máis de 3.000 prazas dispoñibles para viaxar á Illa de Ons, nas xornadas de festividade local. Así, recoméndase a todas as persoas que non teñen carné de acceso libre e que desexen viaxar á illa o vindeiro 23, 24 e 25 de agosto realizar os trámites necesarios coa antelación suficiente para asegurarse á entrada a esta illa do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

 

Na actualidade, o cupo de acceso libre en Ons -regulado no Plan Reitor de uso e Xestión- está fixado en 1.300 prazas das que que hai dispoñibles 1.013 para o día 23, 1.151 para a seguinte xornada e 1.212 para o día 25 de agosto.

 

Non obstante, os concesionarios poden adquirir os documentos identificadores de xeito gratuíto, cos que se lles asegura o acceso a Ons calquera día do ano; tal e como xa se están a beneficiar a case 300 veciños, aos que xa se lles expediu dito carné cono que moverse libremente e á marxe do cupo xeral.

 

 

 

 

Cómpre recordar que os concesionarios poden adquirir estes documentos identificadores de xeito gratuíto, cos que se lles asegura o acceso calquera día do ano

 

 

 

 

Cómpre recordar que a finais de xuño, a directora xeral de Patrimonio Natural comprometeuse cos concesionarios das vivendas vinculada a uso residencial en Ons a facilitarlles un total de seis pases diarios máis á súa disposición para autorizar o acceso á illa a outras tantas persoas, con independencia de que sexan familiares directos ou non, un cupo extraordinario que xa están se está a empregar, tal e como ten constado a Consellería, para facilitar as visitas ás súas casas de persoas coas que non teñan parentesco directo.

 

Dende a Xunta insístese en que o acceso deberá respectar os informes técnicos que sinalan cal é a capacidade máxima que pode soportar este enclave natural, sen que se poñan en perigo os seus valores paisaxísticos e ambientais.

 

Os veciños, excluídos do cupo xeral polo PRUX
Ons é un dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único parque nacional existente na comunidade e unha zona de excepcional riqueza desde o punto de vista medioambiental e da biodiversidade.

 

O Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo natural, en vigor desde febreiro, contempla explicitamente que os veciños das illas que o integran quedan excluídos do cupo límite de visitantes diarios establecido no propio texto e que se empezou a aplicar en Ons de forma obrigatoria desde hai catro meses; unha excepción que tamén afecta ao persoal que realiza no arquipélago labores de restauración, mantemento, instalación e investigación debidamente autorizadas.

 

 

 

 

Na actualidade a Xunta xa ten expedido preto de 300 carnés para que os veciños poidan moverse libremente e á marxe do cupo xeral e tamén se ten constatado o uso de cupo extraordinario, de seis pases diarios por concesionario de vivenda

 

 

 

 

Para os concesionarios de vivendas nesta illa, a Xunta preveu desde o principio a expedición dun carné especial, persoal, intransferible e gratuíto, co fin de garantir o seu acceso libre con independencia de se xa se superou ese día o cupo xeral de visitantes. Ese distintivo outorgaráselles, sempre previa solicitude por parte do interesado, a todos os titulares dunha concesión na illa e aos seus familiares directos ata cuarto grao (é dicir, tataranetos e tataravós incluídos e tamén os irmáns dos concesionarios).

 

Desde o mes de maio, a Consellería de Medio Ambiente tramita con axilidade todas as solicitudes de carnés que recibe por parte dos titulares de Ons e dos seus familiares e a día de hoxe son xa case 300 as persoas que dispoñen deste distintivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.