PROVINCIA
Carmela Silva acusa ao Conselleiro de Turismo de ocultar datos
A presidenta da Deputación recoméndalle a Núñez Feijoo que promova o aeroporto de Peinador, “o aeroporto dos negocios e o turismo”, en lugar de tratar de frealo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acusou ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, de “ocultar e mentir” nos datos que ofreceu sobre a cidade de Vigo durante a rolda de prensa na que fixo o balance turístico do primeiro semestre do ano en Galicia.
Na súa comparecencia da pasada semana en Sanxenxo, Román Rodríguez destacou, citando “os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)”, que Vigo “só crece” un 0,1% en afluencia de visitantes en comparación cos primeiros seis meses de 2018. Carmela Silva demostrou hoxe que o conselleiro manipulou as enquisas do INE para tratar de sacar un rédito político.
Silva subliñou que ao falar de Vigo o conselleiro “ocultou o realmente relevante, ou sexa, mentiu conscientemente” ao non ofrecer os datos estatísticos sobre as pernoitas, que rexistran unha significativa suba do 17,49%. Efectivamente, a cidade olívica pasou das 355.015 pernoitas do primeiro semestre de 2018 a 417.105 no mesmo período deste ano 2019. “Estes son os datos relevantes que non contou o conselleiro”.A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén subliñou que o comportamento do destino Vigo é mesmo mellor, en datos porcentuais, que o de Santiago de Compostela, onde as pernoitas subiron un 11,47%, é dicir, seis puntos menos que na cidade olívica: “outro dato que ocultou o conselleiro”. Máis aínda, a estancia media en Vigo foi de 2,2 noites, mentres que en Santiago quedou en 1,8. “O indicador máis valioso cando falamos de turismo é o número de pernoitas”, subliñou Carmela Silva, “pois é o valor engadido que se deixa nun destino”. “O turismo que elixe Vigo é de máis calidade, porque hai máis noites por viaxeiro e, polo tanto, máis gasto.”.
Finalmente, Carmela Silva rexeitou o anuncio do proxecto de lei redactado “ex professo” para tratar de impedir os voos do aeroporto de Vigo. O borrador de lei que está a impulsar a Xunta de Galicia prevé que o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra teñan que comunicar con antelación ao Goberno galego as súas axudas ás aeroliñas “para comprobar se son legais”. Silva recomendoulle á Xunta que faga un estudo para comprobar se as axudas que dá a propia Administración autonómica en tódolos ámbitos son legais “porque xa sabemos desas convocatorias que se abren ás 12 da noite e pechan ás 12.15 e só benefician aos concellos do PP”.
De verdade que a Xunta non quere que o aeroporto da economía, dos negocios e do turismo, que é o de Vigo, traia visitantes por avión ás Rías Baixas e a esta provincia?, preguntouse Carmela Silva, quen recomendou a Núñez Feijoo que, en lugar de encargar este tipo de leis se poña a traballar para promover o aeroporto olívico que da servizo a toda a comarca e a provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217