GALICIA
O persoal do aeroporto de Santiago decide en asemblea adiar a folga até setembro
Ante as xestións que van realizar Subdelegación e Defensor del Pueblo para abrir vías de diálogo con AENA
O cadro de persoal do aeroporto ‘Rosalía de Castro’ de Santiago decidiu hoxe en asemblea adiar os paros parciais previstos para finais de agosto á espera das xestións que van realizar a Subdelegación do Goberno na Coruña e o Defensor del Pueblo para abrir vías de diálogo con AENA.
A partir de aí, no caso de que a dirección do organismo público que xestiona o aeroporto non lles remita antes do 2 de setembro unha proposta que permita solucionar as problemáticas laborais que saíron á luz tras o anuncio do peche da cantina do persoal, a coordinadora do comité intercentros convocará folga os días 13, 20 e 27.
Segundo explican dende a representación da CIG na coordinadora, os traballadores/as aprobaron por unanimidade a proposta de trasladar a convocatoria a setembro, como mostra de boa vontade negociadora e para non causarlle prexuízos á cidadanía en pleno período vacacional.
“Mais no caso de que as xestións destes organismos non reactiven os contactos de xeito que permitan avanzar cara a unha solución, optaremos por poñer enriba da mesa novos paros parciais no mes de setembro”, adiantan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171