O PORRIÑO
O Concello valora o traslado de Protección Civil ó Multiusos de Torneiros
Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa accidental, Lourdes Moure visitou diversas dependencias do Multiusos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil do Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.
Xunto á alcaldesa acudiron o concelleiro de Emprego e Servizos Sociais, David Alonso; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Suso Gónzalez Pexegueiro, presidente da Agrupación de Protección Civil. Estiveron inspeccionando un par de aulas da pranta baixa que están actualmente en desuso e que, previa limpeza e redistribución de espazos, poderían servir para acoller a base da Agrupación de Protección Civil.
Este traslado daríalles unas instalación máis axeitadas e estarían máis próximos a Porriño para mellorar o seu tempo de restosta e polo tanto a súa operatividade.
A Agrupación Local de Protección Civil de Porriño está formada por voluntarios que realizan unha media de máis dun milleiro de intervencións cada ano dun xeito altruista e constituen unha garantía de atención ante emerxencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184