NIGRÁN
Sanidade insta ao Concello a manter a recomendación de non bañarse no Río Muiños
Os farmacéuticos inspectores de Saúde Pública recolleron unha mostra das augas nesta área específica, obtendo resultados por riba dos valores aceptables na normativa vixente
A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra insta ao Concello de Nigrán a manter a recomendación de non bañarse tanto no leito do río que descorre polo areal da Praia América como na desembocadura do río Muiños -40 metros á esquerda e á dereita de dita desembocadura- debido a un episodio de contaminación detectado nesa zona específica de baño de Praia América o pasado venres nove de agosto, aínda que no resto da zona de baño de dita praia esta casuística está resolta a día de hoxe.
Neste senso, cómpre sinalar que foi recollida polos farmacéuticos inspectores de Saúde Pública unha mostra das augas na desembocadura do río Muiños, obtendo resultados por riba dos valores aceptables na normativa vixente (máis de 1000 NMP por cada 100 ml. de Eschericchia Coli e máis 600 NMP por cada 100 ml. de Enterococos intestinais). Ditos resultados foron notificados ao Concello nigranense para que adoptase as medidas oportunas.
A Xefatura Territorial desta Consellería sinala que o leito e a desembocadura do río Muiños, non están incluídos no censo da zonas de augas de baño de Galicia polo que, ao non estar sometido a vixiancia sanitaria por parte da Consellería de Sanidade e non ser obxecto de mostraxes periódicas durante a tempada de baño, carece de garantías sanitarias.
Recomendación da abstención do baño
Neste contexto -e dada afluencia de bañistas, especialmente menores- dita zona debería estar sinalizada permanentemente por parte da Autoridade Local recomendando, polo menos, a abstención do baño. A non ser que esa área fora saneada por parte do Concello de Nigrán, solicitando posteriormente a súa inclusión no censo de augas de baño, momento no que se incorporaría á vixilancia sanitaria, sendo obxecto de mostraxes periódicas por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Así mesmo, cómpre engadir que o último control sanitario preventivo realizado no leito e na desembocadura deste río nigranense, indica que o episodio de contaminación destas augas non se pode dar por resolto, polo que dende a Consellería de Sanidade procede informar á poboación da comarca que, ata un novo aviso, debe abstenerse do baño tanto no leito como na desembocadura do río Muiños -40 metros a esquerda e a dereita de dita desembocadura-.
Dada afluencia de bañistas, especialmente menores, a zona debería estar sinalizada por parte da Autoridade Local recomendando, polo menos, a abstención do baño 40 metros á esquerda e á dereita de dita desembocadura
A Consellería de Sanidade manterá activo o sistema de vixilancia ata a obtención de resultados favorables nesta área marítimo-fluvial da provincia.
Obxectivos do Programa
Aínda que o leito e a desembocadura do río Muiños non están incluídos no censo de zonas de augas de baño de Galicia, cómpre sinalar que o obxectivo principal do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia é minimizar riscos de contraer algunha enfermidade ao bañarse nas augas marítimas ou continentais da provincia.
Para iso, vixíanse as augas das zonas de baño censadas; identifícanse as verteduras que poidan supoñer unha deterioración da salubridade das zonas de baño; facilítase que todos os usuarios dispoñan de información sobre a calidade microbiolóxica das augas durante a tempada de baño a través dos concellos, entidades responsables da xestión, e infórmase ás sobre as súas condicións.
Neste sentido, no Programa defínense as augas de baño como aquelas onde se prevexa que poidan bañarse un número importante de persoas ou exista unha actividade próxima relacionada directamente co baño e no que non exista unha prohibición permanente de baño e onde non exista perigo para o público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213