Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 20 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP denuncia "o goberno négase a implantar medidas de apoio ao investimento empresarial"

Pese a terse aprobado en novembro de 2017 a proposta dos populares da adhesión ao protocolo Concellos Doing Business, o Goberno Municipal do Porriño non levou a cabo as modificacións e redaccións das ordenanzas fiscais precisas para formalizar a súa incorporación

[Img #55605]

 

Case dous anos despois de terse aprobado a adhesión do Porriño ao protocolo Concellos Doing Business, "o Goberno Municipal continúa sen levar a cabo as modificacións e redacción das ordenanzas fiscais precisas para formalizar a incorporación.  En novembro de 2017, o pleno aprobou de forma unánime a proposta do Partido Popular de sumarse á lista de municipios adheridos ao convenio Doing Bussines, un plan promovido pola Xunta de Galicia e a Fegamp para fomentar a implantación de empresas. A día de hoxe, o municipio continúa sen incorporarse" explican os populares.

 

"A pasividade de Eva García, que non foi quen de elaborar unha simple ordenanza,  é unha mostra do seu nulo compromiso co progreso económico e social do pobo que representa. A alcaldesa chegou a pedirnos que redactáramos nós as ordenanzas, e así o fixemos pese a non ser o noso cometido. E nin con esas", lamenta o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo, "Mentres desatende as súas obrigas e se cruza de brazos, adícase a gabarse en prensa por logros alleos á súa xestión".

 

Os populares esixen, unha vez máis, que a rexedora cumpra a súa parte e leve a cabo de inmediato a modificación das ordenanzas que permitan ao Concello beneficiarse dos termos ofrecidos no convenio para rebaixar os impostos e as taxas municipais e ofertar unha maior axilidade administrativa.

 

"A captación de investimentos é esencial para o desenvolvemento económico e é fundamental que dende o Concello se contribúa a crear un contexto máis favorable para desenvolver proxectos na actividade empresarial", conclúe Lorenzo, "A mellora económica dun Concello cun potencial industrial como o do Porriño, non se consigue subindo os impostos, senón atraendo novas empresas, investimentos e emprendedores e, en consecuencia, máis emprego. Achegándolles máis incentivos fiscais, menos “papeleo” administrativo e unha oferta de solo industrial coas mellores condicións".

 

O Porriño, Concello Emprendedor

De formalizarse a adhesión ao convenio, O Porriño ofrecería máis incentivos fiscais, menos barreiras burocráticas e facilidades de acceso a solo empresarial e, ademais, terá preferencia nas axudas económicas destinadas a impulsar a industria, o emprego ou o emprendemento, cando as convocatorias sexan en réxime de concorrencia competitiva.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.