Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

“Efecto Pasillo” e “Dakidarria” as novidades para as Festas do Cristo

David Alonso ultima diversas novidades para as Festas do Cristo que acollerán concertos,  actuacións musicais itinerantes polos barrios e un autobús descapotable cunha banda de música que irá tocando e animando por todas as parroquias do termo municipal.


O concelleiro informou que xa atén pechados dous  concertos: o venres 20 co grupo “Dakidarría”, unha banda de ska punk fundada en Nigrán en 2003 e o sábado 21, co grupo canario “Efecto Pasillo” que entre outros cantan o coñecidísimo tema “Cuando me siento bien”.


Por outra banda para incrementar a animación nas prazas e rúas da cidade está a preparar unha serie de actuacións musicais itinerantes con grupos de folk, blues, jazz e charangas que tocarán polos barrios do casco urbán de Porriño. E para a animación nas parroquias, o concelleiro pechou a contratación da Banda de Música de Arcade que irá tocando a bordo dun autobús descapotable por todas as parroquias do termo municipal. Tanto a música itinerante como a banda en autobús serán o 29 de setembro, coincidido cos Callos e co Raly Mix “Concello do Porriño” que é outra das novidades deste ano xa comentada.


En canto as verbenas, o concelleiro quere recuperar que actúen en sitios emblemáticos da vila como a rúa Antonio Palacios e a Praza Central. Entre as orquestas xa contratadas figuran “La Fórmula”, “América” e “Charleston”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.