Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 26 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Deputación de Pontevedra avanza na mellora da seguranza viaria na EP-2204 en Baiona

A institución provincial licita a mellora do trazado nun punto dunha perigosa curva para que vehículos e peóns poidan transitar en condicións de seguridade e comodidade

A Deputación de Pontevedra avanza na mellora do conxunto da rede de estradas provinciais dentro do seu obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil. Así, a institución provincial abordará, entre outras obras, a mellora da seguranza viaria na EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona.

 

Estes traballos teñen por obxecto acondicionar o trazado da perigosa curva existente no punto quilométrico 3+300, ademais de habilitar unha cuneta transitable na súa marxe dereita, delimitando claramente a circulación do tráfico e cun deseño utilizable e practicable por vehículos e peóns en condicións de seguridade e comodidade. A Deputación acaba de sacar a licitación as obras por un presuposto de 91.928,30 euros e, máis polo miúdo, consistirán na ampliación do radio da curva a 88 metros e a execución dunha plataforma con dous carrís de 3,30 metros cada un, con beiravías dun metro en ambas marxes, ademais dunha cuneta transitable de formigón de 1,5 metros de ancho na marxe dereita e unha cuneta en terra de 1,5 metros na esquerda.

 

Ademais, realizarase a mellora da sinalización e reposición de servizos afectados no treito do proxecto e melloraranse instalacións como o drenaxe de pluviais en todo o ámbito de actuación. As empresas interesadas na licitación terán de prazo para presentar as súas propostas ata o 11 de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.