Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Dez clubs deportivos do Porriño reciben subvencións da Deputación

O Porriño acreditase unha vez máis como “O Concello do Deporte” coa achega económica que reciben os nosos clubs por parte da Deputación. A suma das subvencións que reciben para esta anualidade dez clubs do Porriño importa preto de 88.000 euros.

 

“Esa cantidade supón unha das porcentaxes máis importantes en relación coa poboación de entre os concellos da provincia e reafirmanos no noso alcume de ser ‘O Concello do Deporte’”, segundo valorou David Alonso, concelleiro responsable da materia.

 

A Deputación establece tres niveis de solicitude en virtude do nivel competitivo: elite, competición federada nacional e competición federada de ámbito inferior a nacional. A través de eses tres niveis establece o baremo das achegas económicas cuia distribución rematou de decidirse esta seman.

 

Na categoría elite, figura o club “Balonmán Porriño” que recibe este ano unha subvención de 33.000 euros, a máis cuantiosa de entre todos os clubs porriñeses.

 

No segundo nivel figuran o “Porriño Baloncesto Base” cunha achega de 17.784 €; “Porriño Industrial CF”, 14.085 e o “Club Ciclista Spol”, 5.723 €.

 

Finalmente no terceiro nivel reciben subvencións da Deputación os seguintes clubs: “C.D. Pontellas”, 6.661 €; “U.D. Atios”, 6.496 €; “A.D. Avanza”, 1.335 €; “Club de Aeromodelismo Furaventos”, 1.141 €; “A.D. A Forna”, 851 € e “Club Colombófilode Porriño”, 716 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.