Vigo
Un accidente múltiple na Gran Vía deixa dous feridos
Un total de cinco vehículos colidiron esta tarde ao seu paso pola Gran Vía, na cidade de Vigo e dúas persoas resultaron feridas.
Sucedeu a escasos minutos das 17:00 horas. Foi a esa hora, cando varios particulares alertaron ao 112 Galicia. Indicaban, ademais, da posibilidade de que un dos ocupantes puidese estar atrapado no interior dun dos turismos.
Con estes datos, o 112 Galicia ademais de alertar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo, pasou aviso á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Efectivamente, cando os Bombeiros chegaron ao punto, comprobaron que un dos condutores, o que provocou o accidente, quedara atrapado no interior do turismo, polo que foi necesaria a intervención dos profesionais de extinción para evacuar ao ferido.
Unha vez liberado, os dous feridos foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149