Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Torneo de Volei Praia esta fin de semana no Codesal

[Img #55736]O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

 

Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

 

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8€ por parella.

 

En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

 

Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.

 

O torneo arrancará sobre as 10:00h da mañá do domingo día 1 de setembro e haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.