Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Aceleradora TurisTIC da Deputación abre novas oportunidades a empresas da provincia

Pazo de Rubianes, Celtic Ways, VigoPeques e Albergue Turístico A Guarda avanzan nas posibilidades das novas tecnoloxías no marco desta iniciativa, encadrada no programa SmartPeme

A segunda convocatoria da Aceleradora TurisTIC, da Deputación de Pontevedra, serviu para que empresas da provincia comezaran a aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, tanto no desenvolvemento como na posta en marcha do negocio nun sector tan competitivo como o turismo. A convocatoria, que deu comezo en outubro pasado, concitou o interese de 14 empresas candidatas, das que houbo unha selección daquelas firmas en función do seu grao de innovación, a presentación dunha memoria e o perfil das/os empresarias/os candidatas/os.

 

As empresas seleccionadas resultaron ser Pazo de Rubianes (que abriu en 2012 e desenvolve un produto turístico en torno ao patrimonio botánico, histórico, cultural e vitivinícola desta emblemática finca das Rías Baixas), Celtic Ways (empresa de servizos especializados en diversos idiomas, que ofrece guías-servizos de información turística, visitas “á carta” e asesoramento e deseño de produtos turísticos), VigoPeques (plataforma online de turismo familiar, en formato blog, para a organización de viaxes en familia, educación e lecer infantil en Galicia e Portugal), e Albergue Turístico A Guarda (casa mariñeira de 1957 do casco urbano de A Guarda, orientada ao aloxamento de peregrinos do Camiño Portugués a Santiago).

 

As persoas responsables das empresas seleccionadas recibiron un programa intensivo de titorías individualizadas con expertos en tecnoloxía, imaxe dixital e competitividade, entre outras. Tamén houbo sesións grupais sobre a relevancia da innovación, novas oportunidades e marketing dixital. As sesións abordaron dende os pasos para a creación dunha empresa á creación dun portfolio de produto diversificado ou busca de novos nichos de mercado aínda por explotar, entre outras cuestións. Grazas a esta iniciativa, estas empresas melloraron a súa estratexia TIC cara a unha maior competitividade tanto no ámbito de marketing e publicidade como en comercialización.

 

A aceleradora é unha iniciativa posta en marcha polo servizo TurisTIC da Deputación,  creado no ano 2018 para dar asesoramento específico a este sector na introdución ás novas tecnoloxías. Á súa vez forma parte da Rede SmartPeme, que naceu en 2016, como servizo de asesoramento e apoio ás persoas emprendedoras, autónomas  e PYMES da provincia de Pontevedra na mellora da eficiencia, produtividade e competitividade a través do uso de ferramentas tecnolóxicas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.