Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 27 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A Axencia de Colocación do Concello de Mos imparte un curso de alfabetización dixital

Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro e os interesados en realizalo xa poden inscribirse

A concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego e Educación, Julia Loureiro, informou da vindeira realización dunha acción formativa en materia de alfabetización dixital que se desenvolverá nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos.


O curso é gratuíto e facilita os coñecementos básicos e imprescindibles para o uso dun PC.


Trátase dun obradoiro titulado 'Alfabetización dixital' e facilitará ás persoas intereresadas os primeiros coñecementos básicos e imprescindibles para o uso diario dun PC, e unha serie de novas mecánicas e tarefas para sacar o máximo partido ao computador, así como as recomendacións para o uso diario.


Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas. A demanda da alfabetización dixital está a crecer, debido ao interese por entender o mundo actual, no que a tecnoloxía xa está presente no día a día e tamén debido á procura dunha boa integración no mercado laboral. Trátase dun curso totalmente gratuíto pensado para persoas que se inician no uso do computador e internet.


As persoas interesadas poden inscribirse de forma presencial nas instalacións da Axencia de Colocación ou telefonicamente chamando ao número da mesma: 986487786.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.