Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 27 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Conde coñce o ‘Aquakart’ da empresa de Sanxenxo ‘Karting Racing Dakart’

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións da empresa, unha das beneficiarias do programa InnovaPeme

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu esta mañá en Sanxenxo a importancia de facer da innovación o selo distintivo da industria galega, durante a visita que realizou ás instalacións de Karting Racing Dakart, empresa beneficiaria do programa InnovaPeme.

 

Conde apostou por converter a innovación nunha prioridade para xerar emprego de calidade, blindar a relación público-privada e garantir a cohesión no ecosistema innovador galego. Neste sentido, puxo á compañía Karting Racing Dakart como exemplo desta cultura que se debe ampliar ao conxunto do tecido empresarial galego: “Agradezo esta visión e este plan de negocio orientado cara a innovación e a internacionalización”, asegurou.

 

Trátase dunha compañía pioneira en Galicia co deseño do primeiro circuíto de karting permanente e que aposta pola I+D+i, o que se ve reflectido nas dúas patentes que posúe: unha barreira de seguridade vial e unha embarcación lixeira con aspecto de kart, o aquakart: “Este proxecto demostra como Galicia está a traballar en materia de innovación a través de iniciativas singulares e disruptivas, con proxección nacional e internacional. Ese é o camiño que debemos impulsar”, subliñou Conde.

 

 

 

 

Destaca o espírito innovador desta compañía que conta con dúas patentes e que recibirá 72.810 euros para impulsar un proxecto de I+D+i

 

 

 

 

Cunha axuda de 72.810 euros, a empresa desenvolverá un proxecto que conta cun orzamento de 182.180 euros que pretende incrementar a facturación da empresa e aumentar o gasto, financiamento e capacitación interna en I+D+i.

 

InnovaPeme
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, apoiará, a través da segunda convocatoria deste programa a mellora dos plans de innovación de 37 pemes galegas, cunha axuda pública que supera os 2,75 millóns de euros e que permitirá unha mobilización total de máis de 5,5 millóns. O obxectivo é desenvolver ou incrementar a capacidade innovadora daquelas empresas que xa teñen ou comezan a ter un desempeño innovador, pero que precisan apoio para sistematizalo, potencialo ou desenvolvelo e, deste xeito, lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os seus procesos.

 

Respecto da edición anterior, aumentou a porcentaxe de micro-empresas dun 33% a un 54%, ao introducir entre os criterios de valoración características relativas ao perfil da entidade solicitante, contribuíndo así a acadar o obxectivo de achegar a innovación ás empresas de menor tamaño. Tamén se ampliou a duración media dos plans de innovación, de 14 a 18 meses, co obxectivo de aumentar a efectividade dos mesmos, e a contía media da axuda por empresa beneficiaria é de 74.000 euros.

 

 

 

 

A segunda edición deste programa apoiará os plans de innovación de 37 pemes galegas que mobilizarán 5,5M€ e que permitirán crear ou manter 47 postos de traballo

 

 

 

 

En canto á distribución por sectores de actividade, destaca a elevada participación de empresas do sector TIC (27%), enxeñería (19%) e agroalimentario (13,5%), que agrupan entre os tres o 60% das empresas beneficiarias.

 

Cómpre destacar tamén que no 86% dos plans concedidos, as empresas beneficiarias colaborarán efectivamente con algún organismo de investigación público ou privado ou empresa provedora de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais, polo que esta convocatoria reforza a cohesión do ecosistema innovador galego. Ademais, estas iniciativas levan asociada a creación ou mantemento de 47 postos de traballo, máis da metade de carácter indefinido, e algo máis dun terzo serán ocupados por mulleres ou persoas discapacitadas.

 

Desde a posta en marcha deste programa, a Xunta está impulsando a innovación en 86 empresas a través de axudas por 7,5M€ que mobilizarán un investimento de 15M€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.