Domingo, 25 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 28 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Desconvocase o pleno ordinario que ía celebrarse hoxe no Porriño

A Alcaldía de Porriño ordenou a desconvocatoria do pleno da Corporación Local que ía celebrarse ás 18 horas. Tratabase dunha sesión ordinaria cuia orde do día era básicamente a mesma do pleno que ía celebrarse o pasado 30 de xullo e que tamén houbo que desconvocar.

 

A razón da desconvocatoria de hoxe é que "rachou o acordo que tiñan acadado a alcaldesa Eva García e o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo. Segundo ese acordo do que informábamos hai uns días, Lorenzo retiraría a petición doutro pleno extraordinario coa mesma orde do día do ordinario de mañá" explican dende o Concello nun comunicado.

 

O Goberno Municipal critica que o PP “retorza a interpretación da Lei de Bases de Réxime Local nunha xogarreta que busca o bloqueo institucional e económico do Concello de Porriño”.

 

"O PP prantexou un pleno extra cos mesmos asuntos que ían debatirse esta tarde. Pero o que pretende realmente o PP é bloquear a gobernanza do Concello retardando, entre outras cousas, o pago a proveedores e a aprobación das dedicacións e reparto de competencias para que remate de formarse o goberno municipal de coalición”, valorou a alcaldesa Eva García.

 

En consecuencia, a sesión extra solicitada polo PP xa está convocada para o mércores 4 de setembro, ás 12 horas. O Goberno Municipal asegura que  “non vai consentir máis retrasos nos pagos a proveedores de xeito que xa anunciamos que no vindeiro pleno a maioría da Corporación vai frear as obstruccións do PP e imos a aprobar as modificacións de créditos que posibilitarán o pago de perto de 3 millóns de euros a unha chea de proveedores”, rematou a alcaldesa Eva García.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.