O PORRIÑO
Conclúe o valado e sinalización das canteiras para bloquear ós bañistas e curíosos
A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras. Como pode comprobarse nas imaxes, tamén adiantouse o portalón de acceso á zona.
Todas estas medidas foron acordadas o pasado 27 de xullo durante a reunión presidida pola alcaldesa Eva García á que asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que era a canteira onde acudían máis bañistas e curiosos.
Todo este paquete de medidas “son para protexer a seguridade de todos” segundo valorou a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta irresponsabilidade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou Eva García.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184