NIGRÁN
A contaminación da auga de Praia América procede da rede de pluviais segundo a Xunta
As analíticas detectaron unha importante presenza de microbioloxía fectal no río Muíños, que procede da rede de pluviais e afecta directamente á praia
A Xunta de Galicia acreditou con inspeccións e analíticas que a contaminación que afecta ás augas de Praia América, en Nigrán, ten a súa orixe na rede de pluviais municipal e non ten ningunha relación co funcionamento da depuradora, que é correcto.
A raíz dos problemas de calidade das augas detectados pola Consellería de Sanidade en Praia América, técnicos de Augas de Galicia desprazáronse á zona para realizar unha inspección. No río Muíños detectouse unha importante presenza de microbioloxía fecal. Por este motivo inspeccionáronse todos os puntos de vertido existentes, comprobando que un deles, procedente dunha rede de pluviais municipal, amosaba valores moi elevados de microbioloxía fecal.
O Concello de Nigrán, como titular desa rede, ten a responsabilidade de controlar as posibles conexións irregulares á mesma e subsanar o vertido final, que está afectar á calidade das augas da praia.
Augas de Galicia comprobou tamén que o funcionamento da depuradora é correcto, tal e como acreditan as analíticas que se realizan de forma periódica na auga procedente do emisario, que mostra unha eliminación practicamente total da carga microbiolóxica.
As declaracións do concelleiro de Nigrán cuestionando o funcionamento da depuradora e relacionándoo coa contaminación da praia carecen de todo fundamento
Polo tanto, as declaracións do concelleiro de Nigrán cuestionando o funcionamento da depuradora e relacionándoo coa contaminación da praia carecen de todo fundamento. O Concello debe asumir a súa responsabilidade e actuar no marco das súas competencias para emendar os vertidos irregulares.
En todo caso, se o Concello de Nigrán ten dúbidas sobre o funcionamento da depuradora pode asumir a súa xestión a partir do vindeiro ano, unha vez que a Xunta lle comunicou xa o próximo vencemento do actual contrato.
Cómpre lembrar que, a pesar de que a depuración das augas residuais é unha competencia municipal, Augas de Galicia explota desde o ano 2005 a depuradora de Nigrán, a través dun investimento que supera xa os 8 millóns de euros.
Se o Concello de Nigrán ten dúbidas sobre o funcionamento da depuradora pode asumir a súa xestión a partir do vindeiro ano
O actual contrato de xestión desa depuradora ten data de vencemento no ano 2020, motivo polo cal a Xunta se dirixiu o pasado mes de xullo ao Concello de Nigrán para comunicarlle que, dado que a instalación é de titularidade municipal e que a responsabilidade legal de xestionala tamén é municipal, debe iniciar o procedemento para asumila. Desa forma, a Xunta deixará de cobrar o coeficiente de vertido que actualmente recada en Nigrán.
En caso contrario, se o Concello quere seguir contando coa axuda da Xunta para xestionar a depuradora, debe de solicitarllo a Augas de Galicia.
Polo momento, o Concello, que pon en cuestión o funcionamento da depuradora, non respondeu á comunicación de Augas de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213